• Entrada da aula Polivalente

  • Debaixo do arco da vella

  • Edificio central

  • Aula polivalente
Xuño de 2018
LMMe XV SD
 
1 de xuño de 2018
Audición de alumnos de frauta traveseira
1
2 3
 
4 de xuño de 2018
Audición de alumnos de percusión do profesor Ignacio Sanz
4
 
5 de xuño de 2018
Audición dos alumnos de banda infantil
Audición de coro e conxuntos da profesora Jurate Biveiniene
Audición de alumnos de vento mental
5
 
6 de xuño de 2018
Audición de alumnos de saxofón
6
 
7 de xuño de 2018
Audición de alumnos de piano
7
8 9 10
 
11 de xuño de 2018
Prazo de matrícula para a proba de acceso a 1º curso de grao elemental
11
 
12 de xuño de 2018
Prazo de matrícula para a proba de acceso a 1º curso de grao elemental
17:00
Abrimos as portas aos futuros músicos
12
 
13 de xuño de 2018
Prazo de matrícula para a proba de acceso a 1º curso de grao elemental
13
 
14 de xuño de 2018
Prazo de matrícula para a proba de acceso a 1º curso de grao elemental
Proba de acceso a 1º curso de grao profesional
14
 
15 de xuño de 2018
Prazo de matrícula para a proba de acceso a 1º curso de grao elemental
15
16 17
 
18 de xuño de 2018
Proba de acceso a 1º curso de grao elemental
18
 
19 de xuño de 2018
Prazo de matrícula para o curso 2018/2019
19
 
20 de xuño de 2018
Prazo de matrícula para o curso 2018/2019
20
 
21 de xuño de 2018
Prazo de matrícula para o curso 2018/2019
21
22 23 24
 
25 de xuño de 2018
Recital de fin de Grao Profesional de Mario Vérez
25
26 27 28 29 30
Concello de As Pontes


\"\"
Acceso
Proba de Acceso ao 1º curso do Grao Elemental:
Para poder formalizar a matrícula para o 1º curso de Grao Elemental, os alumnos deben pasar unha proba de acceso. Nesta proba, o criterio de admisión atende, prioritariamente, ás aptitudes musicais dos interesados e á idade idónea para iniciarse nas especialidades instrumentais. En todo caso a idade mínima de acceso será de 8 anos e a máxima de 14 anos, cumpridos ou por cumprir dentro do ano natural.

A proba para avaliar as aptitudes musicais incluirá, polo menos, os seguintes aspectos:
a) Exercicio para avaliar a aptitude rítmica
b) Exercicio para avaliar a aptitude auditiva e vocal.
c) Exercicio para avaliar a aptitude psicomotriz.

A inscrición para esta proba de acceso é na primeira quincena de xuño e o exame é a mediados de mes.

Proba de Acceso a calquera outro curso do Grao Elemental:
Poderase acceder a calquera outro curso do grao elemental sen ter superados os anteriores, sempre que se supere a correspondente proba. Para esta proba poden matricularse tanto os alumnos de réxime regrado, como os candidatos de réxime non regrado (procedentes de escolas de música ou preparación libre). O acceso a outro curso do grao elemental estará supeditado á existencia de prazas vacantes na especialidade solicitada.

Realizarase nunha convocatoria anual no mes de setembro e os aspirantes terán que superar unha proba de nivel dos obxectivos do curso anterior ao que accede. Dita proba consistirá en:
a) Unha proba práctica (instrumento)
b) Unha proba teórica (linguaxe musical e educación auditiva e vocal)

En todo caso, a idade mínima será de 8 anos e a máxima de 14 anos, cumpridos ou por cumprir dentro do ano natural.

As puntuacións definitivas obtidas polo alumnado nas probas de acceso será a media ponderada dos dous exercicios, valorándose a parte instrumental nun 60% e a teórica nun 40%, cun mínimo de 5 puntos en calquera das dúas probas.

O número máximo de convocatorias por especialidade e curso é de dúas. Non obstante, se o aspirante obtén unha cualificación de 5 puntos ou superior e non consegue praza, a convoatoria non se computa.

A superación da proba de acceso faculta exclusivamente para matricularse no curso académico en que fose convocada.


Proba de Acceso a 1º curso do Grao Profesional:
Non hai límite de idade para o acceso a este grao.
Realízase nunha convocatoria anual no mes de xuño. Para esta proba poden matricularse tanto os alumnos de réxime regrado (procedentes do Grao Elemental), como os candidatos de réxime non regrado (procedentes de escolas de música ou preparación libre).

Dita proba de acceso será dun nivel igual aos obxectivos do 4º curso do grao elemental e consta de dúas partes:
a) Unha proba práctica (instrumento): Interpretación, no instrumento da especialidade a que opte, de tres obras pertencentes a distintos estilos, das cales, como mínimo, unha deberá interpretarse de memoria. Este exercicio cualificarase de cero a dez puntos e cumprirá unha cualificación mínima de cinco puntos para o superar.
b) Unha proba teórica (linguaxe musical e educación auditiva e vocal): Exercicio para avaliar a capacidade auditiva do alumnado e os seus coñecementos teóricos e prácticos da linguaxe musical. Este exercicio cualificarase de cero a dez puntos, e cumprirá unha cualificación mínima de cinco puntos para o superar.

A puntuación definitiva da proba será a media ponderada da cualificación obtida en ambos exercicios, valorándose a parte instrumenal nun 70% e a teórica nun 30%.

A superación da proba de acceso faculta exclusivamente para matricularse no curso académico en que fose convocada.


Acceso a outros cursos do Grao Profesional:
Poderase acceder a calquera outro curso das ensinanzas profesionais sen ter cursado os anteriores sempre que, a través dunha proba, o aspirante demostre posuír os coñecementos necesarios para cursar con aproveitamento as ensinanzas correspondentes. Para esta proba poden matricularse tanto os alumnos de réxime regrado, como os candidatos de réxime non regrado (procedentes de escolas de música ou preparación libre).
Non hai límite de idade para o acceso a este grao e realízase nunha convocatoria anual no mes de setembro.

Esta proba constará de dous exercicios:
a) Interpretación, no instrumento de tres obras de diferentes estilos, do nivel correspondente ao curso anterior ao que se opte. Como mínimo unha das obras deberá interpretarse de memoria. Este exercicio cualificarase de 0 a 10 puntos, e cumprirá unha cualificación mínima de 5 puntos para o superar.
b) Exercicio teórico-práctico para valorar os coñecementos das materias dos cursos anteriores a que se opte. Este exercicio cualificarase de 0 a 10 puntos, e cumprirá unha cualificación mínima de cinco puntos para o superar.

A puntuación definitiva da proba citada será a media ponderada da cualificación obtida en ambos os exercicios e ponderarase o primeiro deles nun 70% e o segundo nun 30%.

A superación da proba de acceso faculta exclusivamente para se matricular no curso académico en que fose convocada.

Consultas e dúbidas:

Os contidos específicos para cada unha das probas e especialidades pódense consultar no Centro de luns a venres en horario de tarde. Os profesores e profesoras das diferentes especialidades e materias están á disposición de quen desexe máis información ou orientacións sobre repertorio, tipos de exame, contidos concretos ou dúbidas en xeral, nas súas horas de titoría. Chamando por teléfono ao 981440024 pódese fixar un día e hora para quedar con eles.
Concello das Pontes de García Rodríguez    Deputación da Coruña    Xunta de Galicia   
© 2018 Concello das Pontes de García Rodríguez

Aviso legal