• Edificio central

  • Entrada da aula Polivalente

  • Aula polivalente

  • Debaixo do arco da vella
Novembro de 2017
LMMe XV SD
 
1 de novembro de 2017
Día de tódolos Santos
1
2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30
Concello de As Pontes


\"\"
Bacharelato en Música
Na actualidade existe nalgúns Centros o Bacharelato de Artes, coa modalidade de Artes Escénicas, Música e Danza. Os alumnos e alumnas matriculados en Conservatorios Profesionais terán prioridade para ser admitidos nos citados institutos.

Para cursar este bacharelato non se require ter formación específica previa -é suficiente o título en ESO- e está garantido o acceso á universidade a través das probas de acceso á universidade, como ocorre coas outras modalidades.

Esta nova vía ten as mesmas materias comúns e optativas que os outros bacharelatos, pero difire nas materias propias da modalidade. En cada curso hai que elixir tres das seguintes materias propias da modalidade. As marcadas cun asterisco son de carácter obrigatorio:

PRIMEIRO CURSO

Análise musical I
Anatomía aplicada
Cultura audiovisual*
Linguaxe e práctica musical


SEGUNDO CURSO

Análise musical II
Artes escénicas
Historia da música e da danza*
Literatura universal

O alumnado que cursa ou cursou estudos profesionais no Conservatorio poden solicitar as seguintes validacións:

Análise musical I polo 2º curso de harmonía.
Análise musical II polo 1º curso de análise.
Historia da música e da danza polos 1º e 2º cursos de historia da música.
Linguaxe e práctica musical polo 3º curso de instrumento principal ou voz.


Os estudos superiores vinculados a este bacharelato van ser os seguintes: Biblioteconomía, Belas Artes, Ciencias da actividade física e do deporte, Ciencias políticas e da administración, Dereito, Educación social, Filosofía, Humanidades, Logopedia, Maxisterio, Pedagoxía, Psicoloxía, Publicidade e relacións públicas, Relacións laborais, Socioloxía, Tradución e interpretación, Turismo, Xeografía, Xestión e administración pública e Xornalismo. A vinculación das modalidades do bacharelato ás carreiras universitarias implica, en caso de haber límite de prazas, que o alumnado que realizou unha das modalidades vinculadas ten dereito preferente.


Independentemente, o alumnado que superen as materias comúns do bacharelato e finalice as ensinanzas profesionais de música obterá o título de Bacharelato en Música. Para poder matricularse só nas materias comúns do bacharelato deberá solicitalo previamente no instituto e presentar a certificación que acredite que finalizou as ensinanzas profesionais de música ou que as está a cursar.
Concello das Pontes de García Rodríguez    Deputación da Coruña    Xunta de Galicia   
© 2017 Concello das Pontes de García Rodríguez

Aviso legal