• Debaixo do arco da vella

  • Edificio central

  • Entrada da aula Polivalente

  • Aula polivalente
Xuño de 2019
LMMe XV SD
1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17
 
18 de xuño de 2019
Concerto de fin de grao de Elvira Candelas
18
19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30
Fin de curso
Actividades e información de interés
Resumo do calendario de actividades do mes de xuño de 2019



O último día de clase será o 31 de maio.

Entrega de notas: dende o venres 7 ao venres 14 de 16:00 a 19:00 h.

Xoves 6: Xornada de portas abertas (para alumnos que queiran entrar a grao profesional) de 18:00 a 20:00

Luns 10: Acto de graduación de Grao Elemental e Profesional 19:00 (para alumnado de 4º de grao elemental e 6º de grao profesional).

Venres 14: PROBAS ACCESO 1º GRAO PROFESIONAL - todos os instrumentos de vento e percusión, 16:00.

Venres 14: Xornada de Portas abertas para grao elemental, 18:00 a 20:00.

Mércores 19: PROBAS ACCESO 1º GRAO PROFESIONAL - todos os instrumentos de corda (incluído guitarra) e piano, 18:00.

Luns 17: PROBAS ACCESO GRAO ELEMENTAL, 16:00.

INSCRICIÓN PROBAS DE ACCESO: do 3 ao 13 de xuño.

MATRÍCULAS CURSO 2019/2020: do 20 ao 27 de xuño.
Edificio
O edificio do Conservatorio é parte da urbanización do Poboado das Veigas, composto por casas de pranta baixa con pequenos xardíns, a Igrexa da Virxe da Luz, o edificio social Lar de ENDESA e o Centro de Día e Escola de ASPANAES. Atópase entre o Lar de ENDESA e a Igrexa da Virxe da Luz.

Ten forma de U, sendo de pranta baixa, con dous edificios de unha pranta nos extremos da U e un de dúas prantas no centro. A pranta baixa está destinada ao completo ao Conservatorio. O primeiro andar do edificio lateral esquerdo é usado como local da Banda da Asociación Amigos da Música, e o primeiro e segundo andar do edificio central é usado como local da Escola-Obradoiro Fontelimpa.

De esquerda a dereita, o edificio consta dos seguintes espazos: secretaría, sala de profesores, despacho de dirección, despacho de coordinación, aula de frauta traveseira, dúas aulas de piano, aula de corda frotada, aula de coro e orquestra, aula de clarinete, local da ANPA O Eume, cinco cabinas de estudo, aula de guitarra, aula de saxofón, biblioteca, aula polivalente, aula de harmonía, dúas aulas de linguaxe musical, aula de vento-metal, aula de percusión e cabina de estudo de percusión.
Concello das Pontes de García Rodríguez    Deputación da Coruña    Xunta de Galicia   
© 2019 Concello das Pontes de García Rodríguez

Aviso legal