• Debaixo do arco da vella

  • Aula polivalente

  • Edificio central

  • Entrada da aula Polivalente
Agosto de 2017
LMMe XV SD
1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31
Concello de As Pontes


\"\"
Aviso legal
TITULARIDADE DO SITIO WEB

En cumprimento da Lei de servizos da Sociedade da Información e de Comercio Electrónico (LSSICE), Lei 34/2002 do 12 de outubro, facilítaselle a seguinte información xeral sobre este sitio web:

Dominio: http://conservatorio.aspontes.org

Titular: Excmo. Concello das Pontes de García Rodríguez

Domicilio social: Parque Municipal s/n, 15320 As Pontes de García Rodríguez. A Coruña. Galicia. España. Unión Europea.

Teléfono: (+34) 981 45 31 16

E-mail: [email protected]

CIF: P1507100D.



CONDICIÓNS XERAIS DE UTILIZACIÓN

1. CONDICIÓNS E LIMITACIÓNS DE USO


O CONCELLO DAS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ resérvase o dereito de actualizar os contidos da páxina web e eliminalos, así como de limitar e impedir o acceso a estes, xa sexa temporal ou definitivamente, sen previa notificación.

A utilización da presente páxina web atribúe a condición de usuario da páxina web (en diante o Usuario) e implica a aceptación plena e sen reservas de todas e cada unha das disposicións incluídas neste Aviso Legal no momento mesmo en que o Usuario acceda á páxina web.

O Usuario comprométese a utilizar a páxina web, os seus contidos e servizos de conformidade coa lei, co presente Aviso Legal, coas condicións particulares de certos servizos e cos demais avisos, regulamentos de uso e instrucións postos no seu coñecemento, así como coa moral e os bos costumes xeralmente aceptados e a orde pública.

Para ese efecto, o Usuario absterase de utilizar calquera dos servizos con fins ou efectos ilícitos, prohibidos e lesivos dos dereitos e intereses de terceiros.



2. LIMITACIÓNS DE RESPONSABILIDADE

A reponsabilidad da utilización da información contida na páxina web é do Usuario.



Dispoñibilidade dos servizos

O CONCELLO DAS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ non garante que as súas páxinas estean operativas, nin que os seus contidos sexan completos, exactos ou fiables en todo momento. O CONCELLO DAS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ resérvase o dereito a modificar en calquera momento, sen previo aviso, os contidos deste sitio web e as Condicións Xerais de Acceso.

En caso de efectuar operacións de mantemento, reparación, actualización ou mellora dos servizos, o CONCELLO DAS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ ten o dereito a suspender temporalmente e sen necesidade de preaviso o acceso ao presente sitio web, así como a reservarse o dereito de prestación ou cancelación dos servizos, sen prexuízo do cal procurará poñelo en coñecemento dos usuarios, sempre que as circunstancias así llo permitan.

Desta forma, exclúese calquera responsabilidade polos danos e prexuízos de calquera natureza que poidan derivarse da falta de dispoñibilidade ou de continuidade do funcionamento do sitio web e dos seus servizos e a utilidade que os usuarios puidesen atribuír ao presente sitio web.



Contidos non xestionados directamente por este sitio web


O CONCELLO DAS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ rexeita toda responsabilidade sobre a información contida en páxinas web non elaboradas por aquel e, especialmente, sobre os contidos dos enlaces publicados na súa páxina web.

A páxina do CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA DAS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ ofrece enlaces a outros web sites que poden resultar do seu interese. Aínda que o CONCELLO DAS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ trata de asegurar que os web sites de terceiros cumpran os estándares adecuados en seguridade e protección de datos, non podemos garantir o cumprimento da normativa vixente neles.

O CONCELLO DAS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ queda eximido de calquera responsabilidade por danos e prexuízos de toda natureza que puidesen derivarse da captación e uso por parte de terceiros das informacións e opinións facilitadas polos usuarios á páxina web.

O CONCELLO DAS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ non se fai responsable en ningún caso dos contidos, informacións ou imaxes que non dependan da páxina web, nin estean xestionados polo CONCELLO DAS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ.




NORMAS DE USO

O CONCELLO DAS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ pretende fomentar o coñecemento aberto mediante a cesión para uso público dos contidos e información propiedade ou xerados por esta administración. Desta forma pode atopar dentro do portal web do Conservatorio Profesional de Música das Pontes de García Rodríguez contidos liberados ao dominio público. A continuación indícanse os tipos de contido que pode vostede atopar neste portal web sectorial e a licenza de uso á que están sometidos:

Textos

Os textos (excepto onde se indique o contrario) do Portal Web do Conservatorio Profesional de Música das Pontes de García Rodríguez están licenciados baixo unha licenza Creative Commons Recoñecemento-Non comercial-Compartir baixo a mesma licenza 2.5 España License.

Vostede é libre de:

1. copiar, distribuír e comunicar publicamente a obra
2. facer obras derivadas

Baixo as condicións seguintes:

1. Recoñecemento. Debe atribuír este traballo ao Concello das Pontes de García Rodríguez (con enlace).
2. Non comercial. Non pode utilizar esta obra para fins comerciais.
3. Compartir baixo a mesma licenza. Se altera ou transforma esta obra, ou xera unha obra derivada, só pode distribuír a obra xerada baixo unha licenza idéntica a esta.

Ao reutilizar ou distribuír a obra, ten que deixar ben claro os termos da licenza desta obra.
Algunha destas condicións pode non aplicarse se se obtén o permiso do titular dos dereitos de autor.
Nada nesta licenza menoscaba ou restrinxe os dereitos morais do autor.

Outro tipo de contidos

As imaxes, vídeos ou outros contidos que non sexan texto están suxeitos a copyright do seu propietario ou a solicitude de licenza de uso ao Concello, excepto onde se indique o contrario.

Os dereitos derivados de usos lexítimos ou outras limitacións recoñecidas por lei non se ven afectados polo anterior.


LOPD


Nesta Sección exponse a Política de Privacidade que regula o uso do servizo do sitio web que o CONCELLO DAS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ pon á disposición dos usuarios de Internet, sobre a información de carácter persoal que pode facilitar cando visita a nosa páxina web.

1. Uso e tratamento de datos de carácter persoal


En cumprimento do establecido na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal (en diante LOPD), o CONCELLO DAS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ infórmao/a de que os datos de carácter persoal proporcionados ao cubrir os correspondentes formularios de rexistro electrónico contidos no portal, das consultas referentes aos servizos ofrecidos, así como aqueles datos aos que o CONCELLO DAS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ acceda como consecuencia da súa navegación, serán incorporados nos arquivos automatizados da entidade, podendo exercitar o seu dereito de acceso, rectificación, cancelación e oposición ao tratamento dos seus datos nos termos e condicións previstos no apartado 3º.

Por outra banda, mediante o rexistro dos datos, o usuario outorga o seu consentimento ao tratamento destes coas finalidades sinaladas.

Naqueles casos onde sexa necesario cubrir un formulario e realizar o envío, a súa realización implicará necesariamente que foi informado (en virtude do artigo 5 LOPD) e, se é o caso, outorgou o correspondente consentimento (a teor do artigo 6 LOPD) ao contido da cláusula anexada ao formulario e á presente política de privacidade.

O usuario deberá encher os formularios con datos verdadeiros, exactos, completos e actualizados, sendo informado nese preciso momento daqueles datos que é obrigatorio cubrir (*) e as súas consecuencias en caso de non facelo. Así mesmo, coa aceptación, recoñece que a información e os datos persoais solicitados son exactos e veraces.

Rogamos comunique de forma inmediata ao CONCELLO DAS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ calquera modificación dos seus datos de carácter persoal, co fin de que a información contida nos arquivos municipais, estea en todo momento actualizada e non conteña erros ou desactualizacións.


2. Medidas de seguridade

O CONCELLO DAS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ infórmao/a que se ten implantadas as medidas de seguridade de índole técnica e organizativas necesarias para garantir a seguridade dos seus datos de carácter persoal e evitar a súa alteración, perda e tratamento e/ou acceso non autorizado, tendo en conta o estado da tecnoloxía, a natureza dos datos almacenados e os riscos a que están expostos, xa proveñan da acción humana ou do medio físico ou natural. Todo iso, de conformidade co previsto no artigo 9 da LOPD e no Real decreto 994/1999, do 11 de xuño, polo que se aproba a Lexislación de Medidas de Seguridade dos Arquivos Automatizados que conteñan Datos de Carácter Persoal (RMS).

Así, o CONCELLO DAS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ estableceu medidas adicionais para reforzar a confidencialidade e integridade da información nas organizacións, como o establecemento de limitacións ao uso do correo electrónico á hora de enviar datos ou documentos de carácter confidencial. No entanto, o usuario debe ser consciente de que as medidas de seguridade en Internet non son inexpugnables.

O CONCELLO DAS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ continuamente mantén a supervisión, control e avaliación dos procesos para asegurar o respecto á privacidade dos datos.

3. Exercicio de dereitos: acceso, rectificación, cancelación e oposición.


Aquelas persoas físicas que faciliten os seus datos ao CONCELLO DAS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ poderán dirixirse a esta administración, na súa calidade de responsable do arquivo, co fin de poder exercitar gratuitamente os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición respecto dos datos incorporados nos seus arquivos nos termos previstos pola lexislación vixente.

Dado o carácter confidencial da información, vostede non poderá exercitar os seus dereitos telefonicamente, debido a que este medio non permite acreditar a identidade como titular dos datos rexistrados.

O interesado poderá exercitar os seus dereitos mediante comunicación por escrito dirixida ao Rexistro Xeral do Concello das Pontes de García Rodríguez, situado no Parque Municipal s/n, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, coa seguinte referencia na súa carta: "LOPD Exercicio de dereitos" (xunto á súa solicitude escrita e asinada, deberá acreditar a súa personalidade achegando fotocopia do DNI).

4. Uso de cookies

As "cookies" constitúen unha ferramenta empregada polos servidores web para almacenar e recuperar información achegada polos seus usuarios. Non é máis que un arquivo de texto que algúns servidores piden ao navegador que escriba no seu disco duro, con información sobre as accións realizadas pola páxina.

Posúen unha data de caducidade, que pode oscilar dende o tempo que dure a sesión mesmo unha data futura especificada, a partir da cal deixan de ser operativas.

Para maior información, visite o site do Departamento de Tratamento da Información e Codificación dependente do Consello Superior de Investigacións Científicas de España.

O CONCELLO DAS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ utiliza "cookies" para a personalización dos servizos ofrecidos aos usuarios.

As "cookies" empregadas polo CONCELLO DAS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ utilízanse para permitir a identificación de usuarios rexistrados e non poden ler datos do seu disco duro nin incluír virus nos seus textos.

Así mesmo, o CONCELLO DAS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ non pode ler as "cookies" implantadas no disco duro do usuario dende outros servidores.

Neste sentido, o usuario pode configurar o seu navegador para aceptar ou rexeitar por defecto todas as "cookies" ou para recibir un aviso en pantalla da recepción de cada "cookie" e decidir nese momento a súa implantación ou non no seu disco duro. Para iso suxerímoslle consultar a sección de axuda do seu navegador para saber como cambiar a configuración que actualmente emprega.

Aínda cando o usuario configurase o seu navegador para rexeitar todas as "cookies" ou rexeitase expresamente as "cookies" do CONCELLO DAS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ poderá navegar polo portal co único inconveniente de non poder gozar das funcionalidades do portal que requiran a instalación dalgunha delas.

En calquera caso, o usuario poderá eliminar as "cookies" implantadas no seu disco duro en calquera momento, seguindo o procedemento establecido na sección de axuda do seu navegador.


5. Enlaces

A páxina do Conservatorio ofrece enlaces a outros web sites que poden resultar do seu interese. Aínda que o CONCELLO DAS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ trata de asegurar que os web sites de terceiros cumpran os estándares adecuados en seguridade, non podemos garantir o cumprimento da normativa vixente en protección de datos neles.

O CONCELLO DAS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ non asume ningún tipo de responsabilidade, nin sequera de forma indirecta ou subsidiaria, polos danos e prexuízos de toda clase que puidesen derivarse do acceso, mantemento, uso, calidade, licitude, fiabilidade e utilidade dos contidos, informacións, comunicacións, opinións, manifestacións, produtos e servizos existentes e ofrecidos nos sitios web non xestionados por esta administración e que resulten accesibles a través do Portal do CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA DAS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ. No entanto, esta administración encádrase dentro do apartado a) do artigo 17 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e Comercio Electrónico (LSSICE), xa que esta administración respecto de enlaces facilitados na web, non teñen coñecemento efectivo de que a actividade ou a información á que remite ou recomenda é ilícita ou lesiona bens ou dereitos dun terceiro susceptibles de indemnización.


6. Modificación da política de privacidade.


O CONCELLO DAS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ resérvase o dereito a modificar a súa Política de Privacidade, de acordo co seu propio criterio, ou motivado por un cambio doutrinal da Axencia Española de Protección de Datos, lexislativo ou xurisprudencial. Calquera modificación da Política de Privacidade será publicada polo menos dez días antes da súa efectiva aplicación. O uso da web despois dos devanditos cambios, implicará a aceptación destes.
Concello das Pontes de García Rodríguez    Deputación da Coruña    Xunta de Galicia   
© 2017 Concello das Pontes de García Rodríguez

Aviso legal