Para facilitar a simultaneidade dos estudos de música cos da ESO e Bacharelato as administracións recollen a posibilidade de validar certas materias e a adapatación da materia de Educación Física.
As validacións realizaranse no Centro no que o alumno ou alumna estudie ESO ou Bacharelato a petición dos seus pais ou titores e requerirá a presentación dun certificado de estudos do Conservatorio.
Na seguinte ligazón pódense consultar os detalles:
decreto validacións
Nos anexos da orde especifícase que materias poden ser validadas en función das cursadas no Conservatorio, pero en todo caso a decisión a tomará o director do Centro donde se curse a ESO ou o Bacharelato.
CUESTIÓNS FRECUENTES RESPONDIDAS NA PÁXINA DA XUNTA:
PINCHANDO AQUÍ