Novembro de 2021
LMMe XV SD
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30
Nova WEB actualizada

Toda a información actualizada sobre o CMUS profesional As Pontes agora está aloxada na nosa páxina de edu.xunta.es:
http://www.edu.xunta.gal/centros/cmusprofesionalaspontes/
captura_web_Xunta
Novas: Conservatorio
Publicados as listaxes definitivos de beneficiarios de Bolsas do MEC
06/05/2019
No enlace pódese acceder á páxina do Ministerio de Educación onde se publican as listaxes definitivas de beneficiarios de bolsas de estudos para este curso.
bolseiros A Coruna
Éxito dos nosos alumnos de clarinete no V Concurso de Clarinete "Cidade de Ourense"
25/02/2019
O pasado sábado tres alumnos do Conservatorio participaron no V Concurso de Clarinete "Cidade de Ourense". E un deles volveu cun segundo premio.
Parabéns a David Otero, Antía García e especialmente a Gonzalo Fernández polo seu segundo premio.
Parbéns tamén ao seu profesor, Marcel Chirilov, polo bo traballo realizado.
Concurso Clarinete Ourense
Comeza o Encontro da Banda sinfónica infantil de Galicia no noso Conservatorio
14/08/2018
Hoxe ás 12:30 no ALOVI terá lugar a presentación do Encontro, no que participarán nove rapaces e rapazas ponteses.

O sábado farán un concerto en Ortigueira, e o domingo no ALOVI ás 20:00 horas.
O pregón das festas deste ano, con música do Conservatorio
18/07/2018
Este ano o pregón das festas correrá a cargo de músicos, colectivos musicais e impulsores que co seu traballo contribuíron ó recoñecemento e á difusión da música e que fixeron posible que, na actualidade, ocupe un lugar destacado na historia cultural da vila.

Arrivederci e o grupo de corda do Conservatorio porán a música do pregón.
Horarios provisionais para o curso 2018/2019
11/06/2018
A continuación publicamos os horarios provisionais para o curso 2018/2019. Calquera suxestión de modificación deberase facer antes do luns 18 de xuño por escrito, ben na secretaría do Conservatorio, ben ao correo [email protected].
Concello das Pontes de García Rodríguez    Deputación da Coruña    Xunta de Galicia   
© 2021 Concello das Pontes de García Rodríguez

Aviso legal