Xullo de 2022
LMMe XV SD
1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31
Nova WEB actualizada

Toda a información actualizada sobre o CMUS profesional As Pontes agora está aloxada na nosa páxina de edu.xunta.es:
http://www.edu.xunta.gal/centros/cmusprofesionalaspontes/
captura_web_Xunta
Novas: Proxectos
Comeza o Encontro da Banda sinfónica infantil de Galicia no noso Conservatorio
14/08/2018
Hoxe ás 12:30 no ALOVI terá lugar a presentación do Encontro, no que participarán nove rapaces e rapazas ponteses.

O sábado farán un concerto en Ortigueira, e o domingo no ALOVI ás 20:00 horas.
Comeza Sta. Icía 2012
12/11/2012
Dende o 9 ata o 30 de novembro celebraremos a festividade de Sta. Icía entre tódalas agrupacións musicais da nosa querida vila.

Dende os clásicos concertos e festivais ata pasarrúas nocturnos pasando por unha exposición de instrumentos antigos.

Este ano homenaxeamos á Rondalla e á Banda ¡polas súas bodas de prata! Si, xa levan 25 anos connosco. ¡Noraboa pola boa música feita neste tempo!
Comeza a aventura: un coro de voces brancas no Conservatorio
27/09/2012
Sen outro interés que o de cantar xuntos, comezamos unha aventura coral invitando a todas e todos os alumnos de Grao Elemental do Conservatorio a participar.

Despois do éxito do ano pasado de Varrendo Corcheas, non podemos deixar pasar a oportunidade de preparar un coro de voces brancas coas voces que puidemos escoitar o pasado curso. Así, baixo a dirección de Andrea Iglesias, comezamos esta aventura.

coro voces brancas - convocatoria
A Jazz-Band do Conservatorio volve a quentar motores
27/09/2012
Este martes 2 de outubro ás 20.00 horas se convoca a tódolos interesados en participar na Jazz-Band do Conservatorio, que por segundo ano consecutivo se volve a poñer en marcha.

Se tes un nivel básico de lectura e instrumento e tocas o trombón, a trompeta, o saxo, o piano ou o teclado, o baixo eléctrico ou a batería, e che apetece aprender a tocar Jazz connosco, non deixes de asistir.
jazz-band 2012 convocatoria
Premiados do I Concurso de Interpretación Instrumental de Grao Elemental
18/05/2012
Despois de dúas tardes de concurso, de 30 alumnos de Grao Elemental do Conservatorio dándoo todo cos seus instrumentos, e despois da dura tarefa dos xurados para decidir de entre tantas boas intrepretacións, xa temos aos gañadores.
Concello das Pontes de García Rodríguez    Deputación da Coruña    Xunta de Galicia   
© 2022 Concello das Pontes de García Rodríguez

Aviso legal