Voltamos do Entroido e o Conservatorio se abre a Internet coa páxina web oficial do centro. Nela poderedes atopar as
últimas novas que van acontecendo, a
axenda de eventos que van a acontecer, os proxectos que estamos a artellar e diversa información de importancia do Conservatorio e dos estudos que nel se fan.
Nesta páxina iremos informando das diferentes actividades que se van realizando no Conservatorio, dende as audicións trimestrais dos alumnos do centro, ata os proxectos que se van cocendo na comunidade educativa.
Será tamén o primeiro escaparate de cara ao exterior onde o público en xeral poida facerse unha idea o máis clara posible do que é o Conservatorio.
Ademáis contaremos con recursos e información para os novos alumnos -e novos pais de alumnos- para que a súa chegada ao Conservatorio sexa o máis fácil posible.