Hoxe ás 19.00 horas puidemos asistir á audición de piano do segundo trimestre. Comezamos escoitando unha serie de sonatas e sonatinas clásicas, seguida da actuación dos máis pequenos e rematando cos maiores con pezas románticas.
De seguido vos deixamos unhas imaxes da mesma.