Xullo de 2022
LMMe XV SD
1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31
Nova WEB actualizada

Toda a información actualizada sobre o CMUS profesional As Pontes agora está aloxada na nosa páxina de edu.xunta.es:
http://www.edu.xunta.gal/centros/cmusprofesionalaspontes/
captura_web_Xunta
Novas
Concerto didáctico do Departamento de Jazz do Conservatorio Superior de Música da Coruña
12/04/2012
O vindeiro xoves 19 de abril ás 19.00 horas na aula Polivalente do Conservatorio, poderemos asistir a un concerto didáctico do Departamento de Jazz do Conservatorio Superior de Música da Coruña, organizado pola ANPA O Eume e o Departamento de vento-madeira do Conservatorio.
Concerto didáctico Jazz

Este concerto é unha boa oportunidade para os alumnos do Conservatorio para coñecer de primeira man o funcionamento e a interacción dos instrumentos nunha agrupación de Jazz.


Durante o concerto, os mestres integrantes do cuarteto, músicos moi coñecidos no ámbito musical nacional e internacional, falarán tamén dos estudios Superiores alternativos, que neste caso pode se-lo Jazz, xénero que cada vez ten máis saída.

En ocasións se contará con alumnos, que de forma voluntaria se ofrecerán para participar no concerto.

Son os seus integrantes:

HANSEL LUIS DÍEZ: Profesor de Jazz-Trompeta
ALBERTO CONDE: Profesor de Jazz-Piano
ALFONSO CALVO: Alumno de Jazz-Baixo Electrico
NAIMA ACUÑA: Alumno de Batería

Estades [email protected] [email protected]!
Concello das Pontes de García Rodríguez    Deputación da Coruña    Xunta de Galicia   
© 2022 Concello das Pontes de García Rodríguez

Aviso legal