O edificio do Conservatorio é parte da urbanización do
Poboado das Veigas, composto por casas de pranta baixa con pequenos xardíns, a
Igrexa da Virxe da Luz, o edificio social
Lar de ENDESA e o Centro de Día e Escola de
ASPANAES. Atópase entre o Lar de ENDESA e a Igrexa da Virxe da Luz.
Ten forma de
U, sendo de pranta baixa, con dous edificios de unha pranta nos extremos da
U e un de dúas prantas no centro. A pranta baixa está destinada ao completo ao Conservatorio. O primeiro andar do edificio lateral esquerdo é usado como local da
Banda da Asociación Amigos da Música, e o primeiro e segundo andar do edificio central é usado como local da
Escola-Obradoiro Fontelimpa.
De esquerda a dereita, o edificio consta dos seguintes espazos: secretaría, sala de profesores, despacho de dirección, despacho de coordinación, aula de frauta traveseira, dúas aulas de piano, aula de corda frotada, aula de coro e orquestra, aula de clarinete, local da ANPA O Eume, cinco cabinas de estudo, aula de guitarra, aula de saxofón, biblioteca, aula polivalente, aula de harmonía, dúas aulas de linguaxe musical, aula de vento-metal, aula de percusión e cabina de estudo de percusión.